JxCat advírtelle a ERC que o acordo de goberno pode tardar "días ou semanas"
Laura Borrás continuou esta tarde a rolda de consultas coa CUP. Esta formación dixo que apoiará un Govern en que o independentismo recupere a iniciativa independentista. Esta formación e Esquerra chegaron a un preacordo de goberno para investir president da Generalitat a Pere Aragonès. Inclúe, entre outros asuntos, unha moción de confianza á metade do mandato, e no que se "prioriza a vía do referendo de autodeterminación.
Junts per Cat di que de momento non hai as condición necesarias para pechar un acordo, pero confía en que se poida producir "en días ou semanas". Mañá a rolda de consultas continúa cos principais partidos independentistas e tamén do candidato do PSC.
A presidenta do Parlament fixou a sesión de investidura para o venres e transcendeu que a segunda votación será o vindeiro martes, ao considerarse non hábil a fin de semana.