CRTVG

Buscar

JxCat manexa o nome de Jordi Turull como alternativa a Sánchez, segundo ERC

Publicado o 20/03/2018 15:27

Junts per Cataluña xa ten un posible substituto para Jordi Sánchez. O candidato á investidura sería Jordi Turull, ex-conselleiro de Presidencia. Adiantouno nunha entrevista desde Bélxica, onde está fuxida, a dirixente de Esquerra Meritxell Serret. O anuncio non é oficial, e de feito Serret desdíxose máis tarde. O presidente do parlamento catalán comparecerá mañá. Agárdase que anuncie o cambio de candidato. O pleno podería celebrarse a próxima semana.

PP e PSOE piden un candidato á Generalitat que non teña causas pendentes coa xustiza

PP e PSOE coinciden en pedir un candidato á Generalitat que non teña pendente ningunha causa xudicial. Dende Podemos lamentan que a última proposta sexa un deputado vinculado á antiga Convergència.

Noticias web

20/03/2018