CRTVG

Buscar

Torrent convoca para o venres día trece o pleno de investidura de Jordi Sànchez

Publicado o 09/04/2018 13:37
Torrent convoca para o venres día trece o pleno de investidura de Jordi Sànchez

O presidente do Parlament, Roger Torrent, convocou para este venres día 13 de abril o pleno para investir o número dous de JxCat, Jordi Sànchez, que permanece en prisión preventiva en Soto del Real (Madrid).

Torrent asinou esta mañá o decreto de convocatoria do debate de investidura, despois da rolda de consultas que levou a cabo entre o venres e o sábado, despois da cal propuxo o nome de Sànchez, que esgrimirá un escrito do Comité de Dereitos Humanos da ONU para reclamar ao xuíz Pablo Llarena que lle permita saír do cárcere para poder ser president. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2018