CRTVG

Buscar

Junts, Más País, Compromís e BNG crean un novo grupo parlamentario no Congreso

Publicado o 11/12/2019 17:58
Junts, Más País, Compromís e BNG crean un novo grupo parlamentario no Congreso
Os independentistas de Junts per Catalunya, a coalición de Más País e Equo, o seu socio valenciano de Compromís e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) uníronse para crear un novo grupo parlamentario no Congreso. Así o confirmaron a Europa Press fontes parlamentarias, que indicaron que o seu portavoz inicial será Laura Borràs e como adxunto figura Íñigo Errejón.

Trátase da segunda alternativa para reducir o Grupo Mixto resultante das eleccións xerais do pasado 10 de novembro, despois de que UPN (Navarra Suma), Coalición Canaria (CC), o Partido Rexionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe formaran o grupo España Plural.
A última palabra tena a Mesa do Congreso, que este venres pola mañá reúnese para estudar os escritos presentados e tomar unha decisión en función do regulamento e dos variados antecedentes que se foron producindo na historia recente da Cámara.