CRTVG

Buscar

Junts aprecia "pequenos avances lingüísticos" do PSOE con ERC sobre Cataluña e agarda por un novo contacto

Publicado o 11/12/2019 16:30

A portavoz de Junts no Congreso, Laura Borràs, admitiu este mércores que, desde o punto de vista "lingüístico", o PSOE está a facer "pequenos avances" no seu diagnóstico do que sucede en Cataluña, e explicou que segue á espera de manter un novo contacto cos de Pedro Sánchez esta mesma semana. Así o sinalou Borrás na conferencia de prensa que ofreceu no Congreso tras a súa entrevista co Rei, no marco das consultas para designar candidato á presidencia do Goberno.

Ao preguntarlle polo feito de que o PSOE fale xa de "conflito político" en Cataluña e de que, no seu último comunicado conxunto con ERC, mencione o "respecto e o recoñecemento institucional mutuo", Borràs quixo contextualizar estas expresións. Neste sentido, subliñou que poden parecer "novas" tendo en conta a situación de degradación democrática en que, ao seu xuízo, se producen e que, en termos lingüisticos, poden interpretarse como "pequenos avances".

Noticias web

11/12/2019