CRTVG

Buscar

Junqueras vencella o apoio de ERC aos presupostos con avances na mesa de diálogo

Publicado o 18/01/2020 20:23

En Cataluña, Esquerra Republicana ameazou hoxe con que, se a autodeterminación non avanza no diálogo co goberno central, volverán exercela unilateralmente. Desde o cárcere, o seu líder, Oriol Junqueras, condicionou a eses avances o apoio dos republicanos aos orzamentos do Estado.

Junqueras fai depender o apoio aos orzamentos dos avances na mesa de negociación, e engade que a consulta pola que acabou preso serviu para gañaren o dereito a repetila.


Esquerra traballa en cohesionar todo o partido arredor da aposta pola mesa de negociación. O seu número dous, Pere Aragonès, salienta o paso adiante que representa esa mesa:

"É unha oportunidade porque, por primeira vez cara a cara, o Goberno de Cataluña e o Goberno de España, poderemos defender o dereito á autodeterminación nunha mesa de carácter bilateral".

Con todo, Aragonès é consciente de que esa vía pode fracasar, e ameaza co regreso á unilateralidade:

"Se non avanzamos, nós volveremos a pedir a autodeterminación, coa vontade de sermos máis fortes ca nunca, para conseguir que esta vez sexa a definitiva".

Aragonès cualifica a Esquerra como o partido rompexeos, e como alicerce da cohesión social en Cataluña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020