CRTVG

Buscar

Junqueras sae por primeira vez de prisión para traballar na universidade

Publicado o 03/03/2020 11:25

O ex-vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras saíu este martes por primeira vez de prisión para exercer de docente na Universidade de Vic (Barcelona), despois de que o cárcere de Lledoners o autorizara a abandonar a prisión tres veces por semana para traballar.

Junqueras, condenado a 13 anos de cárcere por sedición, saíu ás 11.08 horas do centro penal de  Lledoners.

De acordo coa resolución da xunta de tratamento do cárcere, de aplicación inmediata pero que debe ser avalada polo xuíz de vixilancia penal, o líder de ERC poderá saír de prisión durante seis horas, tres días entre semana, para dar clase no campus de Manresa da Universidade de Vic-Universidade Central de Cataluña.