CRTVG

Buscar

Junqueras pide que se suspenda a decisión do Parlamento Europeo de deixar vacante o seu escano

Publicado o 19/01/2020 12:18
Junqueras pide que se suspenda a decisión do Parlamento Europeo de deixar vacante o seu escano

O avogado do líder de ERC, Oriol Junqueras, pediulle ao Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) que se suspenda a decisión do Parlamento Europeo de constatar a vacante do escano de Junqueras na Eurocámara, así como a desestimación da súa petición urxente para protexer a súa inmunidade como eurodeputado.

En tres escritos aos que tivo acceso Europa Press, Andreu Van dean Eynde reclama tamén que se tomen todas as medidas necesarias para protexer e facer efectivos os privilexios, inmunidades e dereitos fundamentais de Junqueras como membro do Parlamento Europeo. Tamén pide que se lle ordene a España a inmediata posta en liberdade de Junqueras para poder exercer plenamente o seu cargo de eurodeputado, mentres non se dite sentenza no procedemento principal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí