Junqueras, Joaquim Forn e Jordi Sánchez non poderán ir aos plenos do Parlament
Publicado o 12/01/2018 20:36
O Supremo rexeita que os tres deputados cataláns que están na cadea, Oriol Junqueras, Joaquim Forn e Jordi Sánchez, poidan ir aos plenos do Parlamento, pero permítelles delegar o seu voto e así exercer de deputados. Deberá ser a Mesa da Cámara a que busque a fórmula para que o fagan. No mesmo auto, o xuíz Pablo Llarena descarta o traslado de Junqueras, Forn e Sánchez a unha prisión catalá. Esta decisión do maxistrado xusto despois de que os tres declararan no Supremo fai presaxiar que non aceptará a súa excarceración.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí