CRTVG

Buscar

Junqueras fai un chamamento a reemprender as negociacións

Publicado o 20/12/2019 10:18

O Goberno agárrase ás palabras de Oriol Junqueras para pedirlle a Esquerra que retome o diálogo para a investidura. O lider dos republicanos asegura nunha entrevista que as negociacións co PSOE non se deben parar en ningún caso. O Executivo considera que a sentenza do Tribunal de Luxemburgo non pode ser unha escusa.

Isabel Celáa, portavoz do Goberno en funcións: "Non debe ser, e non é por parte do PSOE ningún obstáculo para seguir construíndo politicamente o encontro"

Desde as filas de Esquerra piden polo menos un xesto para continuar negociando. Algún indicio de que a Avogacía do Estado vai pedir a nulidade do xuízo de Junqueras e súa posta en liberdade. Unha decisión que o Goberno di que non lle compete.

Isabel Celáa"O Goberno non lle dá instrucións á Avogacía do Estado, que se rexe polos principios de legalidade. A política e a xustiza van por camiños separados, teñen que ir por camiños separados"

Os socialistas din que non teñen plan B, e deixan todo en mans de Esquerra: ou investidura ou terceiras eleccións. E insisten en que non renuncian a ter goberno antes de que acabe o ano.

Noticias web

20/12/2019