CRTVG

Buscar

Junqueras e Romeva sairán 3 días á semana do cárcere para traballar

Publicado o 27/02/2020 15:55
Junqueras e Romeva sairán 3 días á semana do cárcere para traballar

A xunta de tratamento do cárcere barcelonés de Lledoners acordou aplicar o artigo 100.2 do regulamento penal ao ex-vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras e ao ex-conseller Raül  Romeva, que poderán saír tres días á semana, seis horas cada xornada, para traballar.

Segundo informou a consellería de Xustiza, Junqueras, condenado a 13 anos de cárcere por sedición, e Romeva, a doce anos, poderán saír seis horas de prisión tres días á semana entre luns e venres, en aplicación do artigo 100.2, decidida pola Xunta de Tratamento do cárcere de Lledoners.

A saída do cárcere de Junqueras e Romeva para traballar pode ser inmediata, xa que un eventual recurso da Fiscalía sobre a decisión da Xunta de Tratamento non a deixaría en suspenso, aínda que require da ulterior ratificación por parte do xulgado de vixilancia penal. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí