Junqueras e os outros seis presos do 'procés' regresan á prisión tras quedar revogado o terceiro grao

Oriol Junqueras e outros seis presos do 'proces' ingresaron esta tarde de novo en prisión. O xuíz de Vixilancia Penitenciaria revogoulles o tercerio grao. Argumenta que é prematuro concedérllelo, e advirte que non recoñeron os seus delitos.
A partir do mércores volverán estar clasificados en segundo grao, o réxime penal máis habitual, explicou a Conselleria de Xustiza nun comunicado este martes. O segundo grao penal permite aos presos saír do cárcere 36 días ao ano a través de permisos, que deben aprobar a xunta de tratamento ou o Xulgado de Vixilancia Penal, segundo a duración.
O Xulgado de Vixilancia Penal 5 de Cataluña revogou, a pedimento da Fiscalía, a progresión a terceiro grao de Oriol Junqueras, Raül Romeva, Joaquim Forn, Jordi Turull, Josep Rull, Jordi Cuixart e Jordi Sànchez. En xuño, os funcionarios da prisión volverán revisar a clasificación dos sete, e ata entón "terán que estudar cada un dos casos, e tomarán as decisións que consideren oportunas con relación ao seu réxime de vida", sinalou o Departamento.