CRTVG

Buscar

Junqueras e os ex-conselleiros presos insisten nun novo referendo

Publicado o 28/01/2020 21:07

 

Oriol Junqueras e os cinco ex-conselleiros cataláns encarcerados polo 'procés' xa están de camiño novamente á prisión. Saríron do Parlamento catalán, entre aplausos e berros de liberdade, e con El Segadors, o himno de Cataluña, de fondo. 

No caso por exemplo de Oriol Junqueras había dous anos que non pisaba o Parlamento de Cataluña, desde a declaración unilateral de independencia. Hoxe foron recibidos entre aplausos e berros de liberdade. Ao longo do día foron declarando todos na comisión de investigación do 155, unha comisión en que non participaron nin o PP nin os socialistas cataláns, que a consideran unha manobra de propaganda independentista.

Nas súas comparecencias destacan dúas mensaxes: din que están dispostos a volver a facer un referendo de autodeterminación, e pídenlles unidade ás forzas separatistas. 

Os ex-conselleiros en prisión insisten na necesidade dun referendo en Cataluña, e máis ou menos explícitos, todos manteñen ese obxectivo. 

Oriol Junqueras: "Un referendo de autoderterminación é unha cousa normal, e nós queremos volver facelo, e volverémolo facer".

Piden para iso unidade de acción, e repróchanlles aos seus partidos a imaxe de crise e de división que están dando. 

Jordi Turull: "Estou moi triste cando vexo episodios de desunión. Síntoo moito".

Joaquim Forn: "Abandonemos as estratexias partidistas e os tacticismo. O que está en xogo é máis importante".

Sobre o a aplicación do 155, motivo da comisión, opinan.  

Raül Romeva: "Que desastre, que desastre, o 155 foi un desastre absoluto".

Coincidencia de argumentos, ao que se lle sumou outro que defendeu reiteradamente o líder de Esquerra: Oriol Junqueras apelou en varias ocasións ao diálogo e á negociación como vía para solucionar o conflito de Cataluña. Diálogo, dixo, con todos e sen condicións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020