CRTVG

Buscar

Junqueras deixa de enviar a Montoro os informes semanais de gastos

Publicado o 14/09/2017 16:47
Junqueras deixa de enviar a Montoro os informes semanais de gastos


O conseller de Economía, Oriol Junqueras, comunicoulle ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que deixará de enviar os informes semanais sobre os gastos da Generalitat.

Junqueras avisa de que xa non certificará por escrito o detalle de gastos semanales -como requiriu o Goberno para controlar que non se destinan partidas presupuestarias ao 1-O-, aínda que a Generalitat mantén o seu "compromiso coa estabilidade presupuestaria".

Argumenta que o réxime xurídico aprobado a semana pasada polo Parlament para regular e garantir a celebración do referendo é incompatible coas medidas establecidas no acordo da Comisión Delegada de Asuntos Económicos (CDGAE) de 21 de xullo, polo cal se adoptaron "medidas adicionais para garantir en Cataluña a prestación dos servizos públicos en defensa do interese xeral e en cumprimento da Constitución e as leis", que requiría os informes semanais sobre os gastos do Executivo catalán.

Junqueras considera que as medidas establecidas no acordo de CDGAE "supoñen un control político que non garda relación ningunha cos obxectivos de estabilidade presupuestaria nin coas finalidades da lexislación estatal nesta materia".

Por esta razón, o Govern adoptou un novo acordo mediante o cal "se exime e dispensa aos responsables pertinentes a remisión da información requirida" polo acordo de CDGAE de 21 de xullo.

Junqueras tamén manifesta na carta que "pese ao desacordo entre os dous gobernos sobre a celebración do referendo de autodeterminación de Cataluña compartimos co Ministerio que vostede preside a necesidade de seguir colaborando en todos os aspectos que fan referencia á estabilidade presupuestaria e financeira de Cataluña e de España".

O vicepresidente manifestou que a vontade do Govern é "seguir apostando polo diálogo e o exercicio da democracia como forma de resolver o debate sobre as relacións políticas entre Cataluña e España".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí