CRTVG

Buscar

Juncker di que xa non hai marcha atrás no 'brexit'

Publicado o 23/09/2019 08:37

O presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, ratificou o seu convencemento de que non hai volta atrás no brexit. Juncker cre que non lograr un acordo sería catastrófico tanto para o Reino Unido como para a Unión Europea. 

Jean Claude Juncker está á espera das novas propostas sobre o brexit que lle faga chegar o primeiro ministro británico, Boris Johnson, para modificar o acordo previo que se lograra coa súa antecesora, Theresa May.

En calquera caso, Juncker dixo que xa non hai marcha atrás para a saída do Reino Unido.

Pero o presidente da Comisión Europea insiste en que non lograr un acordo sería catastrófico para o Reino Unido e a Unión Europea.

Boris Jonhson partiu para Nova York, onde se verá cos líderes europeos que asisten á Asemblea Xeral da ONU, aínda que asegurou que non esperaba lograr avances na negociación do brexit.

Johnson está tamén á espera de saber esta semana a decisión que toma o Tribunal Supremo sobre se a suspensión do Parlamento se axustou á legalidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019