CRTVG

Buscar

Juncker condiciona outra prórroga do 'brexit' a que Londres aprobe xa o acordo

Publicado o 03/04/2019 20:16

Bruxelas endurece o ton con Londres. O presidente do Executivo comunitario advirte de que, se o Reino Unido quere seguir adiando o brexit, antes do vindeiro venres o Parlamento británico ten que ter aprobado o acordo de divorcio.

A primeira ministra británica segue pedíndolle aos socios europeos máis tempo para lograr un acordo coa oposición que garanta a aprobación do pacto de saída do Reino Unido da Unión. En Bruxelas están dispostos a darlle ata un mes máis pero,necesariamente, advertía o presidente do Executivo comunitario desde o Parlamento Europeo, para seguir adiando o brexit é imprescindoble que o Parlamento Europeo aprobe o acordo de desconexión antes do venres da semana que ve.

"O doce de abril é a última data posible para a aprobación do acordo de saída. Se a Cámara dos Comúns non se pronunicou antes desa data, non será posible ningunha extensión curta", dicía desde a Eurocámara o presidente do Executivo europeao, Jean Claude Juncker.

A última palabra sobre darlle ou non unha prórroga aos británicos é dos líderes dos 27 estados membros, que se reunirán en Cumio estraordinario o mércores da vindeira semana en Bruxelas. Os socios europeos serán os que decidan se o Reino Unido terá ou non data de caducidade no club comunitario.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019