CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Julio Camba, o novo descubrimento na defensa do Lugo

Publicado o 12/11/2014 21:38
Contaxiado ou non, hai un futbolista no Lugo, Julio Camba, que parece levar toda a vida no primeiro equipo. Pero aínda que leva barba, non é así. Julio ten 18 anos, debutou ante o Sabadell e demostra dúas cousas. Unha tranquilidade absoluta e un defensa de presente e de moito futuro.

Julio Camba ven de debutar co Lugo en Segunda con tan só 18 anos.

O central de Vilalba iniciaba un camiño dificultoso polo fútbol profesional.

Como o que emprendeu ao carón das cabras tralo adestramento na busca dos balóns perdidos

Deste xeito lembra o seu gran día.

"Levanteime ben, durmín dez horas, espectacular. Almorzei, fun dar un paseo, tomei un café cos amigos, cheguei á casa, comín, descansei un pouco e marchei cara Lugo"

Os balóns mentres tanto, seguían sen aparecer.

No campo sentiuse tranquilo e arroupado. Coa barba pechada impoñía respeto.

"Coa barba empecei cando cheguei ao Lugo, hai catro anos, os compañeiros dixéronme que me quedaba ben e deixeina larga"

Ainda que unha xogada puido estragalo todo.

"Se chego un pouco tarde igual me expulsaban e cambiaba todo"

Ao final, as felicitacións, tanto masculinas como femininas.

"Algunha falou conmigo polas redes sociais, pero nada máis"

En definitiva. Un éxito rotundo. O equipo gañou e as pelotas que buscaba, apareceron.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

12/11/2014