CRTVG

Buscar

Julen será enterrado a carón do seu irmán Oliver

Publicado o 26/01/2019 21:19
Julen será enterrado a carón do seu irmán Oliver

Aínda non eran as catro da tarde e os pais do pequeno Julen, José e Victoria, agardaban na compaña de familia e amigos a chegada do cadaleito co corpo do seu fillo de dous anos. A carón destes pais doentes puidemos ver varios membros do equipo de psicoloxía que os atendeu durante os últimos trece días, eses nos que máis de 300 persoas traballaron noite e día para rescatar o neno. O pai de Mariluz Cortés, Juan José Cortés, acompañounos neste momento para a intimidade como o fixo desde que comezou o rescate de Julen. Hai só ano e medio outro fillo do matrimonio, Oliver, falecía a consecuencia dunha morte súbita con tres anos de idade. Julen será enterrado ao lado do seu irmán, no cemiterio da barriada malagueña El Palo, por expreso desexo de seus pais. Mañá, ás 12:30, oficiarase unha misa na memoria do falecido.
 

Noticias web

26/01/2019