CRTVG

Buscar

Fernando Hierro dirixirá a selección española no Mundial

Publicado o 13/06/2018 14:43
Fernando Hierro dirixirá a selección española no Mundial

O actual director deportivo da Federación Española de Fútbol, Fernando Hierro, asumirá o cargo de seleccionador nacional en substitución de Julen Lopetegui.

Julen Lopetegui foi destituído como seleccionador español segundo anunciou o presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, en conferencia de prensa desde Krasnodar (Rusia).

Rubiales non indicou, así e todo, quen será o encargado de asumir a dirección do equipo a dous días do debut mundialista con Portugal. "As formas non foron as correctas", sinalou. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018