CRTVG

Buscar

Juanito Cortés, un pintor de 11 anos que poxa as súas obras desde 6.000 euros

Publicado o 28/04/2021 21:04
Juanito Cortés, un pintor de 11 anos que poxa as súas obras desde 6.000 euros

Un neno de 11 anos está a expoñer un lienzo seu nunha galería de Barcelona rodeado de cadros de artistas como Miró ou Dalí. 'Golosina Número 3', que así se chama esta pintura, ten un prezo de saída de 6.000 euros e comparte poxas con obras do mesmísimo Zurbarán.

Juanito é autodidacta e comezou a pintar os 6 anos; aos 8 meteuse xa de cheo na súa paixón. O rapaz xa mostrou as súas obras en galerías de Madrid, Mónaco ou Italia.