CRTVG

Buscar

Juanfran cre que "a presión é un factor positivo para o Lugo"

Publicado o 16/07/2020 17:10

O Lugo encara o duelo a cara ou cruz ante o mellor equipo da segunda volta e en postos de descenso. Os galegos teñen 46 puntos, un menos que o Numancia e dous por baixo do Deportivo e a Ponferradina. Unha derrota en Tenerife podería, mesmo, mandarlle a Segunda División B esta xornada. O equipo recupera ao dianteiro Manu Barreiro, que apunta a titular tras cumprir sanción, pero segue sen poder contar con Gerard Valentíín e José Ángel Carrillo, lesionados.

Juanfran, que celebrou dúas vitorias e dous empates desde a súa chegada, terá a baixa de Fernando Seoane por acumulación de amarelas e terá que facer dous descartes antes do choque. O conxunto galego selou a tempada pasada a súa continuidade na categoría de prata na penúltima xornada ante o Tenerife, pero no Anxo Carro, eo venres pretende dar un paso á fronte para chegar á última cita sen depender de terceiros para salvarse.

 

 

 

Noticias web

16/07/2020