CRTVG

Buscar

Juanfran anuncia que a fichaxe de Xavi Torres é unha aposta súa

Publicado o 18/09/2020 15:53

Fichaxe no Lugo dun futbolista cunha traxectoria de consideración: Xavi Torres.

Ten máis de 150 partidos en Primeira División.  Juanfran e Xavi foron compañeiros no Levante. Agora Juanfran será o seu adestrador.

Xavi Torres xogou, ademais, no Barcelona con Pep Guardiola, no Málaga, no Betis, no Sporting, no Elxe, o ano pasado en Kuwait.

Torres é centrocampista, fará 34 anos en novembro.

Noticias web

18/09/2020