CRTVG

Buscar

Juande foi o protagonista do bo e do malo para o Málaga

Publicado o 21/11/2020 21:45

Máis partidos de segunda. O defensa do Málaga Juande empeñouse en acaparar todo o protagonismo na Rosaleda. Marcou en propia porta o primeiro gol do Leganés. Empatou cunha boa cacholada. Pero non lle pareceu dabondo e acabou cometendo un penalti que suporía a derrota do seu equipo.

Sabin Merino transformou a pena máxima para un Leganés que se coloca na terceira praza. Na sexta está o Raio Vallecano. Dous goles de Andrés Martín valeron para que os tres puntos quedaran en Vallecas. Dous a un foi o resultado ante o Castellón. E ás portas dos postos de playoff está un Mirandés que marca golazos como este. Acción colectiva culminada por Sergio Moreno no contundente triunfo por catro a un ante o Cartaxena.

Noticias web

21/11/2020