CRTVG

Buscar

Juana Rivas terá que pagar os gastos que lle orixinou ao marido mentres lle levou os fillos

Publicado o 13/02/2018 20:33

Juana Rivas teralle que pagar 1.912 euros ao seu ex-marido polos gastos que lle ocasionou mentres estivo desaparecida cos fillos de ambos. O xuíz considera suficientemente acreditados os gastos que reclama Francesco Arcuri, e que inclúen a viaxe desde Italia ata Granada, 36 noites de hotel e o regreso a Italia cos seus fillos. Juana Rivas considera esta decisión moi inxusta e anuncia a súa intención de recorrela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018