CRTVG

Buscar

Juan Trinidad, de Ciudadanos, elixido presidente da Asemblea de Madrid

Publicado o 11/06/2019 13:01

• Alberto Castillo, tamén de C's, presidirá a Asemblea de Murcia

Juan Trinidad, de Ciudadanos, foi elixido presidente da Asemblea de Madrid por maioría absoluta cos votos de todos os deputados do seu grupo, do PP e de Vox no pleno de constitución do Parlamento madrileño.

A outra aspirante á Presidencia, Pilar Llop, do PSOE-M, conseguiu 64 votos (dos socialistas, Máis Madrid e Unidas Podemos) fronte aos de 68 Trinidad.

A elección de Trinidad certifica o pacto alcanzado polos tres partidos de centro dereita para facerse co control da Mesa da Asemblea e anuncia un posible acordo para a Presidencia da Comunidade de Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí