CRTVG

Buscar

Juan Manuel Vieites é xa candidato oficial a presidir a CEG

Publicado o 12/01/2021 09:28
Juan Manuel Vieites é xa candidato oficial a presidir a CEG

O actual secretario xeral da patronal conserveira e vicepresidente dos empresarios de Vigo rexistrou a súa candidatura por Lugo como símbolo de que conta co apoio das catro confederacións provinciais.

O seu obxectivo é conseguir a unión da patronal galega que non ten presidente dende que Díaz Barreiros presentou en novembro a súa dimisión, 48 horas despois de acceder ao cargo, agudizando aínda máis a crise que atravesa dende hai anos a confederación galega. 

Vieites acumula unha dilatada traxectoria profesional no sector da conservación, da pesca e da acuicultura, así como nas negociacións na Unión Europea. As eleccións celebraranse o próximo xoves, 21 de xaneiro.

Noticias web

12/01/2021