CRTVG

Buscar

Juan Manuel de Prada presenta o seu novo libro 'Lucía en la noche' no estudio de 'A revista'

Publicado o 14/02/2019 14:13

O escritor Juan Manuel de Prada presenta en 'A revista' o seu libro 'Lucía en la noche', a historia dun escritor en decadencia que coñece a Lucía nunha noite de copas. Lucía, unha muller atrevida, unha alma libre, resístese a vivir con Alejandro. 'Lucía en la noche' é unha novela en que o amor se mestura co misterio, pero tamén coa morte.

"O amor e o desamor son forzas que actuan na nosa vida e nos transforman. A vida sen amor é un inferno. No caso deste libro, poderiamos dicir que un amor como o dun artista e a súa musa, un amor transformador e renovador", dixo Juan Manuel de Prada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019