CRTVG

Buscar

Juan Guaidó di en Caracas que non teme o diálogo con Nicolás Maduro en Noruega

Publicado o 06/07/2019 11:47

O xefe do Parlamento de Venezuela, Juan Guaidó, a quen uns 50 países recoñecen como presidente encargado, di non temer o proceso de exploración para establecer unha posible mesa de negociacións en Noruega co goberno de Nicolás Maduro: "Non temos medo sempre e cando aproxime a tres cousas: cesamento da usurpación, goberno de transición e eleccións libres". Guaidó fixo estas manifestacións ante centos de simpatizantes en Caracas este venres, ao lembrar a morte do militar Rafael Acosta Arévalo cando estaba detido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019