CRTVG

Buscar

A Revista

Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán, dooulle un ril ao seu fillo de 16 anos

Publicado o 05/10/2017 12:50

Cada ano morren en España preto de cinco mil persoas agardando un transplante de ril, moitas mesmo antes de recibir un tratamento. Pero a que lles imos contar é unha historia ben distinta. Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán, doou un ril ao seu fillo de 16 anos para evitarlle depender toda a vida da diálise.

A Juan González apenas hai 24 horas que lle quitaron as grampas. Aparece moi recuperado. Pero moi pendente dun cuarto do Hospital La Paz. Aí segue coa convalecencia o seu fillo despois de que o pai, hai quince días, lle doara un ril.

A orixe dos problemas de saúde de Juan fillo está na enfermidade rara que padece, anemia de Fanconi. Afecta a órganos vitais. Hai seis anos transplantáronlle a médula. O doante estaba en Hawai. Agora o ril. O doante tíñao na súa propia casa.

Ao rapaz quédalle aínda unha longa recuperación por diante, pero semella que xa está ante unha meta superada. En nada volverá compartir afección co seu pai, o atletismo, agora que tamén comparten un ril.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

05/10/2017