CRTVG

Buscar

Juan Espadas, candidato ás primarias do PSOE de Andalucía: "Temos que facer unha análise crítica"

Publicado o 10/05/2021 16:04

A derrota dos socialistas nas eleccións madrileñas acelerou a convocatoria de primarias no PSOE andaluz. O alcalde de Sevilla, que parte como o favorito de Ferraz, preséntase como a alternativa para superar o enfrontamente entre Pedro Sánchez e Susana Díaz, que compitiron hai catro anos polo control do partido.

"Andalucía necesita pechar esa ferida. Necesitamos facer as secundarias, porque as primarias xa as rematamos. Por outra parte, necesitamos facer unha análise autocrítica da xestión e do resultado do 2 de decembro, en que perdemos o goberno de Andalucía", di Juan Espadas.