CRTVG

Buscar

Juan Cotino, primeiro investigado que declara na investigación da visita do Papa

Publicado o 14/05/2019 15:35

O ex-presidente das Cortes valencianas e ex-conselleiro de Francisco Camps, Juan Cotino, declarou como investigado polas presuntas irregularidades na visita do Papa a Valencia en 2006.

Cotino achegou un informe pericial sobre o traballo da fundación que asinou os contratos da visita de Bieito XVI. O xuíz investiga se houbo prevaricación, malversación e fraude á Administración.

Juan Cotino, que tamén fora director xeral da Policía, é o primeiro citado dos oito investigados, entre os que están Francisco Camps e o bispo auxiliar de Valencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019