Juan Copa: "Temos ganas de xogar na casa coa nosa xente"
Publicado o 01/10/2020 21:43
En hóckey a patíns, mañá arrinca a segunda xornada da OK Liga e o Liceo recibe no Pazo dos Deportes o Taradell, no que será o seu primeiro partido na casa desta temporada.
Os de Juan Copa venceron na primeira xornada ante o Igualada por 0 a 4 e buscan unha nova vitoria para seguir no liderado da táboa con pleno de vitorias.