CRTVG

Buscar

Juan Copa: "Fomos de menos a máis e gañamos cun partidazo"

Publicado o 13/06/2021 16:29

Un adestrador coruñés e un capitán coruñés eran dos máis ledos en Riazor. Juan Copa recoñeceu o que custa gañar un trofeo e felicitou todos os seus xogadores porque o Liceo "foi de menos a máis e na final fixo un partidazo". 

Dava Torres considera que "non hai nada mellor como deportivista que gañar un título coa túa xente". Non é a súa primeira Copa, pero si a máis especial.