CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer: "Sánchez non pode durmir. Eu tampouco, un salvaxe asasinou a miña filla"

Publicado o 21/09/2019 19:12


Juan Carlos Quer, o pai de Diana Quer, asasinada na Pobra do Caramiñal no verán de 2016, escribía hoxe un texto con bastante repercusión nas redes sociais.

Tras a entrevista na que Pedro Sánchez aseguraba que "non durmiría pola noite con inexpertos de Podemos á fronte de ministerios", Quer dáballe a réplica a través dunha publicación en Twitter.

"Sánchez non pode durmir, preocúpao perder o seu escano. Eu tampouco podo durmir, un salvaxe violou e asasinou a miña filla Diana e tirou o seu corpo a un pozo, tiña só 18 años". E conclúe. "Para Sánchez a prisión permanente revisable é unha pena inhumana, pobres asasinos. Siga sen durmir e pense.".

Noticias web

21/09/2019