CRTVG

Buscar

Familiares e amigos de Diana piden a prisión permanente revisable

Publicado o 16/11/2019 20:55

O pai de Diana Quer esixiu na praza do Obradoiro: "Leis penais efectivas que eviten que os depredadores poidan volver cometer crimes contra as mulleres", coma o crime do que foi vítima a súa propia filla. Juan Carlos Quer e Valeria, irmá de Diana, non se cansaron de repetir que a súa perda debe servir, para que non volva suceder.

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer: "Xa non queda nada. A Diana nunca lle vai repoñer ninguén a vida. A súa condena é a certeza, para a sociedade, de que este individuo quede durante todo o tempo que merece no cárcere e que as nosas fillas poidan circular con liberdade. Leis penais efectivas que eviten que este tipo de depredadores poidan volver cometer actos tan brutais de violencia contra a muller... Tan só un ano despois estaba metendo a outra nena no mesmo maleteiro no que meteu a Diana. E esta nena puido acabar no mesmo pozo no que terminou a miña filla".

Unhas poucas horas despois da cuarta xornada do xuízo contra Enrique Abuín, alias "o Chicle", familiares, amigos e veciños de distintos lugares concrentráronse en Santiago para clamar pola prisión permanente revisable para o presunto asasino de Diana. Días difíciles para a familia, logo de que se coñeceran detalles sumamente delicados do momento en que atoparon o cadáver e despois de que os mergulladores confirmaran que a rixidez do corpo de Diana revela que sufriu "algo espantoso" antes de morrer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019