CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer: "Diana sorrí dende o ceo ao saber que se lle fai xustiza"

Publicado o 30/11/2019 22:40

Tras coñecer o veredicto, amosouse satisfeito e convencido de que a sentenza condenará ó Chicle coa prisión permanente revisable

Á espera desa sentenza, hoxe xa puidemos escoitar as primeiras reaccións a este veredicto. O pai de Diana está satisfeito porque di que José Enrique Abuín "non volverá atentar contra a vida e a liberdade sexual  dunha muller". Está convencido de  a sentenza do xuíz condenará o acusado con prisión permanente revisable.

Ningunha sentenza lle vai devolver á filla pero considera que o veredicto de hoxe faille xustiza.  A saída do xulgado, Juan Carlos Quer mostraba satisfación porque di que José Enrique Abuín "non volverá atentar contra a vida e a liberdade sexual dunha muller". Interpreta o pai da vítima que a sentenza do xuíz condenará o acusado con prisión permanente revisable.

"Xa so me queda facer valer o legado de Diana porque con esta pena de prisión permanente revisable este individuo non volverá xamais a atentar contra a vida nin contra a liberdade sexual dunha muller" di o pai.

Juan Carlos Quer volvía pedir que non se derrogue a lei que contempla a prisión permanente revisable. Mantén que "o cumprimento integro " das penas máximas "non garante a reinsercción".

"Éncheme de ledicia que a mesaxe de protección da miña filla teña calado tan fondo na sociedade. Ao asasino da sua filla  deséxalle unicamente que repare á sociedade o dano que orixinou causado e que cambiou para sempre a vida da irmá Valeria, da nai e del mesmo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019