CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer agarda que a condena para Abuín sexa prisión permanente revisable

Publicado o 01/12/2019 15:23

• O pai de Diana agradece a solidariedade recibida en Galicia

• Xosé Enrique Abuín pode recorrer a sentenza que lle impoñan

Culpable de asasinato, privación de liberdade e agresión sexual

Satisfeito, despois de escoitar as conclusións do xurado e á espera de que o xuíz dicte sentenza, Juan Carlos Quer reclama prisión permanente revisable, e asegura que esta será a doazón que a súa filla lle deixe á sociedade:

“Esta traxedia non queda nunha sentenza. Diana non é unha páxina de sucesos. O legado de Diana é evitar que este tipo de traxedias volvan repetirse. Confirmados os tres delitos de detención ilegal, asasinato e previa agresión sexual, a opción que corresponde, o que tipifica o código penal é a prisión revisable, e esa pena evitará que este indivíduo volva atacar outra muller."

O xurado declarou culpable a Abuín de agredir sexualmente a Diana Quer e matala despois para ocultar esta agresión, pero o que non puido determinar foi a violación. Juan Carlos Quer non dubida de que estas acusacións son suficientes para que o xuíz decrete a prisión permanente que el reclama:

"A realidade non se pode tapar nin enmascarar. Este indivíduo tivo un procedemento penal xusto, unha defensa que efectuou o seu traballo. E a pesar de todo onte as probas foron tan demoledoras que o único que acreditaron é a verdade. Así que agora xa o que corresponde é que como sociedade deamos un paso cara adiante. Hoxe con esta sentenza a liberdade sexual da muller, os dereitos da muller deron un paso exponencial cara adiante porque non é non. Diana 500 días desde ese pozo estaba berrando "non é non". E afortunadamente escoitóuse."

E non confía na reinserción: "O cumprimento íntegro das condenas non é garantía de reinserción. Xa o dixo o asasino de Laura Luelmo, asasino confeso que había cometido posteriormente agresións sexuais sobre outras persoas e que despois de cumprir integramente a condena foi posto en liberdade. E tan só dous meses despois estaba asasinando a outra nena inocente."

O xuíz Ángel Pantín é agora o encargado de emitir a sentenza e fixar a condena neste caso que non computa como violencia machista porque a Lei de Violencia de Xénero só contempla as mulleres asasinadas que tiñan unha relación previa co seu agresor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019