CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer: "Día a día, o único que escoito son verdades como puños que evidencian que cometeu un brutal crime"

Publicado o 19/11/2019 13:33

O acusado chegaba pouco antes das nove e media e tamén o facían os avogados e a familia, que volveu subliñar o rigor que o proceso está tendo, cumprindo todas as garantías, e que non é un linchamento, como argumentou a defensa de Abuín na súa alegación inicial.

"Falaba de que non había probas obxectivas na súa alegacióm inicial. E, día a día, eu o único que escoito son verdades como puños que o único que evidencian e que este individuo cometeu un brutal crime sobre unha persoa inocente, nese caso, desafortunadamente, foi a miña filla. E que todas as responsabilidades incriminan este suxeito", dixo Juan Carlos Quer.

O pai de Diana Quer dixo que para el está clara a intencionalidade da morte da súa filla.

"Resulta duro escoitar que esa brida que está no pelo da miña filla, perece case coma se fose o colar que ela puxo aquela noite. Esa é a arma homicida, esa brida de morte foi a que rematou coa vida da miña filla. Así que, por moitas cortinas de fume que pretendan poñer, quero que saiba todo o mundo que a forza da verdade da miña filla vai iluminar o xurado para evitar que os confundan", asegurou.

Dezanove axentes que reuniron as probas continuarán mañá coa serie de declaracións, que rematarán o venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019