CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer denuncia a ex-muller por simulación de delito

Publicado o 18/10/2019 12:54

Cruzamento de denuncias entre os pais de Diana Quer. O pai, Juan Carlos Quer, denuncia agora a súa ex-muller, Diana López-Pinel, por simulación de delito.

A semana pasada, a nai da moza asasinada na Pobra do Caramiñal presentara unha denuncia contra o seu ex-marido por un suposto delito de violencia machista, xa que, segundo dixo, tentara atropelala co coche.

O pai de Diana quedara libre pero está a ser investigado por un suposto delito de lesións. Juan Carlos Quer acusa a nai de Diana de presentar unha denuncia falsa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019