CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer cre que esta é a "semana decisiva" pola pericial

Publicado o 18/11/2019 13:38

A semana comeza coas declaracións de testemuñas e policías nos que a familia de Diana Quer ten postas todas as esperanzas. Valeria, irmá da vítima, no quinto día do xuízo, non acudiu á vista despois de estar presente toda a semana pasada. 

"Xa entramos na semana decisiva. Este individuo non levou a Diana para levala á misa. E día a día vaise acreditando a realidade de cal foi o móbil sexual. Así que nada, o meu respecto para que o tribunal e o maxistrado poidan seguir desenvolvendo o procedemento coa seriedade coa que se está conducindo e sinxelamente saber que cada día estamos máis preto de que se faga xustiza. Non hai palabras para describir o que se sente. Imaxino que calquera español que teña unha familia, que teña uns fillos, ver as imaxes que vimos o outro día, da persoa que máis queres ti, a atrocidade que se fixo con ela o doloroso que tivo que selos últimos momentos da miña filla. A verdade é que me deixan sen verbas sen máis", dixo Juan Carlos Quer, momentos antes de entrar.

"A xornadas de hoxe é ver os que fixeron inspecións oculares, que fotografiaron a brida e determindas cousas que atoparon no pozo e pouco máis. Declara tamén un amigo de Diana? Si. Quen sería esa persoa? Sen interese para a causa, non pode achegar nada, porque el estaba en Madrid e naquel momento non se estaba comunicando con el", explicou o avogado da familia da moza madrileña, Ricardo Pérez Lama.

Mañá seguen as declaracións, entre outros, de cinco forenses, un grafólogo e tres policías locais da Pobra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí