CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer acusa a Sánchez e Iglesias de ignorar a demanda popular para manter a prisión permanente

Publicado o 25/04/2019 15:09

Juan Carlos Quer acusa a Pedro Sánchez e Pablo Iglesias de ignorar, di, a demanda cidadá para manter a prisión permanente revisable. En plena campaña electoral, o pai de Diana Quer difundiu un vídeo en que critica os líderes do PSOE e Unidas Podemos por non atender esta demanda.

Tras as imaxes dos candidatos, o vídeo recolle unha sucesión de varios autores de asasinatos e secuestros, entre os que está o Chicle.

Juan Carlos Quer di que a petición para que se manteña a prisión permanente revisable conta co apoio de 3.200.000 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019