Juan Carlos deixa o Lugo e vai ao Xirona
Publicado o 25/06/2019 20:09

Juan Carlos xogará no Xirona. Confirmouno hai unhas horas o club catalán. O ata agora porteiro do Lugo chega libre e asina polas próximas dúas campañas. Tras dous anos defendendo os paus do club lucense, Juan Carlos inicia novo proxecto nun equipo que acaba de descender e que buscará o regreso á elite do fútbol o antes posible.
"É un pouco o que eu buscaba, un club así, un proxecto ambicioso e cun grande apoio detrás, así que a verdade é que estou moi feliz. Alcancei a madurez na miña carreira, teño experiencia tanto na primeira coma na segunda, bastante partidos tamén e coido que é un momento perfecto para afrontar un reto coma este", apunta o gardameta.
Máis sobre actualidade
24/02/2021 18:30
24/02/2021 17:30
24/02/2021 17:25