CRTVG

Buscar

Carcedo, técnico do Eivisa: "O Celta está nun bo momento, pero temos as nosas posibilidades"

Publicado o 04/01/2021 17:40

Juan Carlos Carcedo, adestrador do Eivisa, asegurou que teñen "unha responsabilidade, e é a de volver poñer o Eivisa a nivel nacional".

O conxunto balear, de Segunda B, recibe o Celta de Coudet e faino co obxectivo de "dar a sorpresa", asegurou Carcedo.

Tras o positivo en covid-19 notificado onte domingo, Carcedo sinalou en conferencia de prensa que o equipo está "apto" para o encontro, que se disputará a partir das 17.00 horas no estadio municipal de Eivisa.

O técnico do conxunto eivisenco apuntou que o rival está "en moi bo momento", ademais de estar a facer "as cousas moi ben". Aínda así, destacou que tanto o club, como o persoal e a afección teñen "ilusión" de facer un "bo partido" e entende que teñen as súas "posibilidades".




 

Noticias web

04/01/2021