CRTVG

Buscar

O galego Juan Saavedra pecha o medalleiro español cun bronce en tiro

Publicado o 05/09/2021 06:49
O galego Juan Saavedra pecha o medalleiro español cun bronce en tiro

O tirador galego Juan Antonio Saavedra gañou a medalla de bronce na proba de carabina tendida 50 metros SH1, de discapacitados físicos na derradeira xornada dos Xogos Paralímpicos de Tokio.

Saavedra accedeu á final coa terceira mellor puntuación, posición que mantivo ata o final. O tirador pontevedrés, de 47 anos, xa gañara a medalla de prata nos Xogos de Londres de 2012. Nestes xogos de Tokio obtivo tamén un diploma polo cuarto posto na proba de carabina 10 metros tendido R3.