CRTVG

Buscar

O etarra Josu Ternera ingresa nunha prisión de alta seguridade en París

Publicado o 17/05/2019 22:12

O histórico dirixente etarra Josu Urrutikoetxea, alcumado Josu Ternera, ingresou por orde xudicial nunha prisión do sur de París. Previamente transladárno desde a cadea de Bonneville, próxima ao lugar da súa detención, ao Tribunal Correccional de París onde lle comunicaron que ten pendente de cumprir en Francia unha condena de oito anos por pertenza a banda armada. O presidente de Francia advirte que deberá pagar polos seus crimes. "A reconciliación política no País Vasco non equivale a amnistía", asegurou Enmanuel Macron.

Josu Ternera vivía só nun refuxio de montaña dos Alpes franceses facendose pasar por un escritor venezolano No momento da súa detención levaba 4.000 euros en metálico e dirixiase a unha cita no hospital. As forzas de seguridade tratan de aclarar se é certo que padece un cancro. Estas imaxes son antiguas.

Na actualidade está moi delgado pero nun estado físico que lle permitía facer rutas pola montaña a cotio. Fontes da loita antiterrorista din que a súa detencion é un aviso a navegantes para o resto dos etarras que permanecen fuxidos da xustiza.

"Non deixaremos de perseguir o conxunto de responsables criminais, membros da organización terrorista ETA para que poidan responder das responsabilidades penais que procedan", dixo Fernando Grande-Marlaska,  ministro de Interior en funcións

A xustiza española reclamaralle a Francia a entrega temporal de Ternera para axuizalo por catro causas. De momento o seu destino é unha prisión de alta seguridade no sur da capital francesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019