CRTVG

Buscar

Josep Borrell nega que o PSOE esté "xogando" a eleccións

Publicado o 13/07/2019 14:55

Josep Borrell negou que o PSOE esté "xogando" a eleccións... O ministro de Asuntos Exteriores en funcións defendeu esta mañá en Barcelona que España "necesita un Goberno canto antes". Na clausura da escola de verán do PSC, Borrell pediu ao resto de partidos que facilite a reelección de Pedro Sánchez, xa que a única alternativa a un Executivo encabezado polos socialistas, dixo, é "o bloqueo".

Nas últimas horas Pedro Sánchez e Pablo Iglesias instábanse a seguir negociando e a manter novos contactos esta fin de semana para chegar a un acordo de investidura, pero polo momento as posicións parece que non se moven.... Pablo Iglesias rexeita propoñer ministros de perfil técnico e continúa ata o vindeiro xoves unha consulta ás bases para presionar a Sánchez co goberno de coalición.

Despois de que a voceira de Podemos en Andalucía criticara onte con dureza esa consulta, que considera "tendenciosa". O ex-secretario xeral de Podemos na comunidade de Madrid, Ramón Espinar, uníase esta mañá ás críticas internas. A través da súa conta en twitter asegurou que "a consulta plantexada pola dirección de Podemos non ten un pase".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019