CRTVG

Buscar

Josep Borrell, cabeza de lista do PSOE ao Parlamento Europeo

Publicado o 26/02/2019 13:59

O ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, encabezará a lista do PSOE ao Parlamento Europeo nas eleccións do vindeiro 26 de maio. A súa designación provocou un intercambio de mensaxes en Twitter entre o candidato de Ciudadanos, Luis Garicano, e o ex-ministro socialista José Blanco. Garicano cre que Sánchez manda a Borrell a Europa para achandar o camiño cara á coalición Frankenstein na vindeira lexislatura. Blanco di que ve a Ciudadanos moi desesperado tras a súa aperta a Vox.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí