Joselu e David Rodríguez: unha dianteira de luxo no Racing
Publicado o 15/10/2020 11:56
Sair canto antes do túnel da Segunda B. Ese é o obxectivo do Racing, que este ano apostou forte. A súa dupla ofensiva, David Rodríguez - Joselu, leva o gol por bandeira. Ilusiona, e moito, o racinguismo.
Dous goleadores de nivel para unha temporada desafiante, cun modelo de competición que non dá acougo.
Joselu, que leva sete anos na casa, non lle pon teito a este Racing. De entrada acepta unha terna de favoritos moi galega.
Coma sempre, será o verde o que dite sentenza.