CRTVG

Buscar

José Tomé presenta os avais para disputar a Deputación de Lugo

Publicado o 19/06/2019 14:46

O alcalde de Monforte di que ten o apoio maioritario e presentou xa os seus avais para ser o aspirante socialista a presidir a Deputación de Lugo. José Tomé di que non falou nada co seu compañeiro Darío Campos, actual presidente en funcións, que aspiraba á reelección e que hoxe mantén silencio. O movemento de Tomé xa provocou a dimisión do secretario provincial, Álvaro Santos.

A comisión federal de listas podería decidir mañá mesmo os candidatos socialistas para as deputacións de toda España. Nela está o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, a quen Santos acusa de promover a Tomé e de provocar a confrontación no PSOE de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019