CRTVG

Buscar

José Tomé, alcalde de Monforte: " Serán os militantes os que marquen a dirección que vai seguir o partido en Lugo"

Publicado o 04/07/2019 10:16

A única Deputación que queda por constiuírse é a de Lugo. O que, se no se torce nada, vai ser o seu presidente é José Tomé, o alcalde de Monforte. Substituirá a Darío Campos, que non ve con bos ollos que se lle aparte da institución que presidiu na anterior lexislatura.

Tomé só asumirá a súa responsabilidade como alcalde monfortino e como presidente da Deputación. Deixa o campo libre para que outro estea á fronte do partido socialista nesa provincia. “Creo que cando se asume unha responsabilidade é para exercela o mellor posible e atender ben ao Concello de Monforte e a Deputación provincial, consume todo o tempo e non o tería para dedicarllo á organización do partido”, explica. O alcalde de Castroverde e a deputada Patricia Otero competirán agora para dirixir o PSOE provincial de Lugo.

En canto á Deputación,"aínda non temos abertas as negociacións co BNG, xa que hai un atraso na constitución debido aos recursos que houbo en Monterroso e en Burela. De aquí ao día 16 temos que chegar a un acordo de investidura co BNG, que sexa útil para a provincia de Lugo".

Ademais, o alcalde de Monforte explica que "o partido en Lugo vaise normalizar en xullo e polo tanto, a crise que se abriu coa dimisión do secretario xeral, vaise pechar rapidamente e serán os militantes os que marquen a dirección que vai seguir o partido".

Cando lle preguntamos por a súa preferencia por Pedro Sánchez di que semre apostou por el, "cando lle fixeron aquel apartamento de secretario xeran a nivel estatal, non me gustou o que se fixo nin as formas do que se fixo, eu cría nas súas posibilidades e animeino a continuar".

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019